sábado, 24 de outubro de 2020

Día das bibliotecas

     O 24 de outubro e por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil, celébrase o Día das Bibliotecas como homenaxe e recoñecemento ao labor que desempeñan os bibliotecarios. Esta iniciativa naceu co fin de concienciar á nosa sociedade da importancia da lectura, especialmente entre os rapaces e rapazas e para agradecer e potenciar o extraordinario labor dos bibliotecarios e bibliotecarias.

 A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu lado' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia. 

E son precisamente as circunstancias tan difíciles que estamos a vivir que nos impiden celebrar este día como outros anos. As actividades colectivas presenciais son imposibles, pero hai moitos servizos que podemos seguir ofrecendo.

En todo caso, aquí tedes uns vídeos que fixeron algúns rapaces e rpazas  de 2º de BAC do curso pasado, moi vencellados a todas as actividades que lles propoñíamos como esta: Imaxina como sería a BE despois da pandemia. Grazas, outra vez, pola vosa colaboración!

luns, 19 de outubro de 2020

11 escritoras premiadas

 O Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil é un dos Premios Nacionais de Literatura de España que se convoca desde 1978 e que outorga o Ministerio de Cultura para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o ano anterior á concesión do premio. 

Pois ben, que mellor maneira que conmemorar este día coñecendo un pouco a estas 11 escritoras -só 11 en todos estes anos- agasalladas con este premio?

venres, 16 de outubro de 2020

Premios Nobel 2020

 

xoves, 1 de outubro de 2020

Novo curso, novas rutinas

O curso da "nova normalidade" onde nada é "normal" xa comenzou. Máscaras, frechas, mamparas, distancias, etc., etc. constitúen esa nova "anormalidade" coa que temos que vivir e convivir a cotío. Pero para que isto chegue a bon porto entre todos e todas temos que procurar coñecer e cumprir estas rutinas que vedes resumidas nesta imaxe, para facer da Biblioteca tamén un espazo seguro.




Benvidos/-as a todos/-as!