martes, 22 de decembro de 2020
domingo, 29 de novembro de 2020
El fantasma de la mansión Campbell
martes, 24 de novembro de 2020
domingo, 22 de novembro de 2020
De Ciencia
Desde hai uns anos vense celebrando en novembro o mes da Ciencia en galego. Este ano o Manifiesto fíxoo o profesor, investigador e divulgador científico Xurxo Mariño, do que tomamos estas palabras:
"A ciencia non é unha cousa escura que só se fai en complexos laboratorios, senón que, por riba de todo, é unha maneira de pensar, unha actitude para chegar ao coñecemento [...] Pero ademais de facer ciencia, todos podemos gozar do traballo, das achegas e das vidas das científicas e dos científicos mergullándonos nos libros. Cada libro é unha viaxe interestelar á mente doutras persoas, ás súas aventuras, penas e alegrías. Nas nosas bibliotecas podemos gozar sen límite con relatos abraiantes sobre o funcionamento do cerebro, a vida das abellas ou a construción dun aeroplano. Cada libro é unha xoia capaz de alimentar e de estimular a mente. E ademais podemos gozalos na nosa lingua, en galego, porque a ciencia fala todos os idiomas, pode emocionar todas as mentes.[...]"
E neste contexto no que achegamos a nosa pequena contribución: unha selección de libros que podedes atopar na vosa BE, así como tamén uns vídeos realizados polo alumnado ao longo destes últimos cursos, todo isto sobre esta imaxe interactiva, coa que se publicita este mes da Ciencia en galego.
xoves, 29 de outubro de 2020
Pásao de medo!
mércores, 28 de outubro de 2020
De premios
Como todos os anos, aproveitamos o Día das Bibliotecas para entregar o premio ao mellor lector/-a do curso pasado. Pois ben, este ano e polas circunstancias de todos coñecidas houbo moitos premios que entregar. Á Superlectora, Emilia (2º ESO), ás gañadoras dos concursos que organizamos durante o confinamento: A lectura na vida, Kelly (3º ESO) e Olladas letradas e enmascaradas, Marta (3ºESO).
E, por último, da nosa Liga de lectores/as extraordinarios/-as, a gañadora foi Sofía de 1º de BAC, con esta proposta marabillosa.
sábado, 24 de outubro de 2020
Día das bibliotecas
A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu lado' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia.
E son precisamente as circunstancias tan difíciles que estamos a vivir que nos impiden celebrar este día como outros anos. As actividades colectivas presenciais son imposibles, pero hai moitos servizos que podemos seguir ofrecendo.
En todo caso, aquí tedes uns vídeos que fixeron algúns rapaces e rpazas de 2º de BAC do curso pasado, moi vencellados a todas as actividades que lles propoñíamos como esta: Imaxina como sería a BE despois da pandemia. Grazas, outra vez, pola vosa colaboración!