mércores, 8 de febreiro de 2023

Na procura da científica perdida

Hoxe conmemórase o Día internacional da muller e da nena na Ciencia. Para celebralo podedes participar nesta xincana na que tendes que atopar a esas 20 mulleres, relacionadas coa ciencia e a tecnoloxía. Para isto, é importante que vos fixedes atentamente nas imaxes. Toma notas, faite preguntas, busca as respostas e lembra que queremos saber o seu nome e o seu descubrimento. Cando as teñas, fainos chegar as túas conclusións ao correo da biblio antes do día 20 de febreiro. Posteriormente, daremos a coñecer aos/ás tres gañadores/-as.
 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario