xoves, 30 de abril de 2020

Arte&movemento

Como forma de celebrar o Día internacional da Danza: pintura e movemento, en tempos de confinamento. Disfrutade destas dúas propostas creativas¡







xoves, 23 de abril de 2020

Palabras ao vento

   É o título desta iniciativa cuxo obxectivo é facer un libro no que se recollen as  vosas aportacións sobre o que estades ou estamos a vivir . E a nosa maneira virtual de celebrar o Día do libro XUNTOS  neste 2020 que tantas inquedanzas nos trouxo.


   E como sabemos que vos votades de menos, que estades a desexar estar outra vez xuntos, fixemos esta pequena escolma audiovisual para que recordedes os mellores momentos que compartimos vosoutros e nós nesta biblioteca que ten SEMPRE a porta aberta, que é refuxio, investigación, coñecemento, xogos, cultura, lecturas, creatividade, e, sobre todo, un lugar de encontro.


Grazas a todos e todas polas vosas aportacións, por pasaros por aquí e moito, moito ánimo¡

luns, 20 de abril de 2020

Reto literario: A lectura na vida

     Conta Irene Vallejo no seu libro El infinito en un junco : "Si un libro es un viaje, el título será la brújula y el astrolabio de quienes se aventuran por sus caminos. Sin embargo, no siempre estuvo ahí para orientar a los navegantes. Los primeros relatos, los más remotos, llegaron al mundo sin nombre ni bautismo. (...) Los primeros títulos fijos, únicos e inamovibles pertenecieron a las obras teatrales. Los dramaturgos atenienses fueron pioneros en titular sus piezas (...) En realidad, hasta el siglo XIX los títulos no empezaron a desarrollar su propia poesía y sus señuelos.(...) En el recorrido entre el siglo XIX y XXI, han surgido sin ninguna duda los más bellos, los más audaces (...)"
De repente, neste afán que temos todas pola limpeza , poste a ordenar os andéis e atopas o primeiro título. Este lévate a outro e a outro, e, casi sen darte de conta, eles empezan a conformar a historia da túa vida lectora e, por que non, tamén describen os estraños e duros momentos que estamos a vivir.



E aquí vai o noso dobre reto: Fai un vídeo ,ou unha foto, no que, partindo dos títulos dos libros que teñas na casa, constrúas un texto co tema que ti elixas ou ben podes optar por averiguar o nome dos autores/-as dos libros que aparecen no vídeo. Podes facernos chegar os teus vídeos ou as túas respostas á dirección de correoda biblio. No primeiro caso, publicarémolo no noso blog, e no segundo, aos tres primeiros que acerten todos os autores, terán como premio o agasallo dun libro. Sirva esta proposta para celebrar o Día do Libro e para facer unha pequena homenaxe ás librarias.

xoves, 2 de abril de 2020

Desde a nosa fiestra

   Tivemos que pechar a nosa porta, pero abrimos a nosa fiestra para achegarnos a vós. Si, as bibliotecas non pechan, tamén se teletraballa a cotío. E hoxe máis que nunca porque somos sabedoras de todo o que circula pola red. O noso labor, neste momentos, é de achegaros un pouco de aire limpo e fresco e que entre polas vosas ventás, balcons,terrazas...
   Imos empezar pola máis importante: 
   Para coñecer a que nos enfrontamos e que temos que facer:

   E agora que, por fin, chegan estas merecidas vacacións, fixemos un pequeno catálogo de todo tipo actividades culturais-música, teatro, cine....-. Porque  que a biblioteca peche, non significa que non podades ler libros ou revistas, ver cine ou documentais... A rede ofrece de forma gratuita un montón de actividades de todo tipo para poder levar este confinamento da mellor maneira posible.

  Aquí tedes unha escolma - que irá modificándose- para que non vos perdades por ese inmeso océano que es internet.




E agora si, que teñades unhas BOAS VACACIÓNS. E e lembrade que tamén vos botamos moito de menos e que HAI QUE FICAR na CASA.