xoves, 10 de decembro de 2015

Día dos dereitos humanos

Occidente vive nun búnker sen fiestras. Non é que non vexamos, é que non queremos ver.
Con esta certidume como arma, ao profesorado só nos queda loitar para que a verdade floreza. E así foi como se puxo en marcha o noso traballo sobre os refuxiad@s.
O alumnado de Cidadanía de 2º de ESO tivo que esforzarse para chegar ao evidente: se non tes os datos correctos, se non coñeces aos protagonistas, se non sabes de onde veñen nin a onde van, se nunca quixeches coñecer as causas que provocan esa desgracia, se pensas que nunca nos pasou a nós ou que nunca nos pasará, entón será moi fácil manipularte ata que sintas rechazo ou odio.
Hai un antes e un despois para eles tras o seu empeño. Esperamos que a verdade chegue moito máis aló.



Valados,  Muros e Campos de Refuxiados

Aquí pódense ver algúns dos muros máis coñecidos no mundo. Muros da vergonza, levantados por que?, por quen? e sobre tod, para que?
Non hai muro que poida deter a desesperación da xente.



Exiliad@s famos@s

Grandes personalidades da historia de Galicia, de España e do mundo tiveron que deixar a súa patria e fuxir para salvar a vida ou librarse do cárcere. Non son todos os que están nin están todos os que son, pero podemos coñecer algúns deles…




Premios Nobel

Que tería pasado se Einstein tivera sido rexeitado en todos os países e condeado a malvivir nun campo de refuxiados sen poden desenvolver ningunha das súas teorías que cambiaron o mundo?
Centenares de exiliad@s no século XX recibiron ese máximo recoñecemento que simboliza o Premio Nobel. Non llo impidamos aos seguintes…



Agora, podes poñerte na pel dun refuxiado/-a, premendo na imaxe

http://www.darfurisdying.com/spanish/


E tamén, convidámosche a ver este documental titulado Welcome to my country, dirixido por Fernando León de Aranoa e protagonizado pola actriz Elena Anaya. A cinta, rodada en catro campos de refuxiados de Etiopía, busca sensibilizar á poboación acerca da situación de 45 millóns de persoas desprazadas polos conflitos, as violacións de dereitos humanos e a persecución no mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario