mércores, 18 de novembro de 2015

Os nosos DOCUNAUTAS en Galiciencia

Como xa sabedes GALICIENCIA é unha feira científica que se celebra desde 2007 en Ourense, os días 18, 19 e 20. 
Pois ben, este ano os nosos Docunautas están ali para expoñer o proxecto interdisplinar que realizou, durante o curso pasado, o alumnado de 1º da ESO. Alí están dous dos seus compoñentes-  Carmen e Jorge- xunto co seu profesor de Tecnoloxía- Gerardo- e cóntannos que están encantados e marabillados do que alí acontece.


 Nós estamos encantadas e orgullosas do traballo feito e e animámosvos a seguir investigando. Noraboa, rapaces!

1 comentario:

  1. Noraboa a alumnos e profes, porque acabades de gañar o concurso de traballos por proxectos.

    ResponderEliminar