sábado, 2 de novembro de 2013

Aeternum

Hoxe celébrase o Día dos defuntos. Que difícil nos resulta achegarnos a esta realidade na que temos que ir asumindo o paso do tempo, as enfermidades ou a morte Andrea Santiago Díez soubo plasmar neste vídeo dunha forma sinxela e emocionante todo este proceso.

A morte é unha idea difícil de entender para os pequenos e de explicar para os adultos. Esta selección de libros, para todas as idades, tentan que nos acheguemos con normalidade e naturalidade a esa etapa do noso deambular por este mundo, como un elemento crave para a maduración persoal e emocional. 

Aeternum on PhotoPeach

Ningún comentario:

Publicar un comentario