sábado, 18 de maio de 2013

Mes do libro

Para o mes do libro, desde a biblioteca propúxoselle a toda a Comunidade educativa  que colaborase na realización dunha libraría, cuxos libros serían aqueles que dalgunha maneira lembrasen como importantes na súa vida.  
Cada un/-a achegou a cuberta  dese volume especial e escribiu o motivo da súa elección.
Aos poucos, o enorme andel vai enchéndose das vosas suxestións, - que difícil   resulta en ocasións elixir- conformando a denominada biblioteca do Libro da nosa vida. 
Moitas grazas polas vosas achegas¡

Ningún comentario:

Publicar un comentario